12.7.11

DÍA DA SOCIA "FRAGA DAS SAÍMAS"-2011

A DIRECTIVA DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRÍU O PRAZO PARA PARTICIPAR NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS SOCIAS-2011.

A Directiva comunica a todas as súas socias, simpatizantes e seguidoras/es que o sábado 30 de xullo a asociación Fraga das Saímas celebra por terceiro ano consecutivo o Día das Socias. Esta celebración terá lugar como ven sendo costume na explanada dos montes do Buio e a festa comezará a partir das 14.00 horas, onde as membros da Directiva e voluntarias/os preparán unha sardiñada para os asistentes. Para amenizar esta celebración a asociación contará coa actuación do músico viveirense César, máis coñecido como "O Pindaro".

A esta celebración poderán acudir todas as socias, as súas parellas e fillos.

Se eres unha socia animosa, vital e participativa chámanos e apúntate XA! e se pensas que a vida merece a pena disfrutala con alegría e bo humor ten por seguro que o sábado 30 vai ser un deses días inolvidables! ESPERÁMOSTE!



No hay comentarios: