A saúde física e psicosocial das mulleres da Asociación da “Fraga das Saímas”, un dos principais retos da Directiva da asociación de mulleres rurais de Santo André de Boimente.
A piscina municipal de Xove acolleu durante os últimos meses, nas súas instalacións, ás alumnas do módulo de actividades acuáticas, organizada pola asociación “Fraga das Saímas a través da súa monitora do curso de animación deportiva, Lorena Díaz, cuxas nadadoras “veteranas”· clausuran mañá venres o programa de actividades físico-deportiva, psicosocial e de manualidades 2010-2011 da asociación ·”Fraga das Saímas”.
Un dos retos que se persegue desde a Directiva, con este tipo de actividades físico-deportivas, de estimulación da memoria e das habilidades manuais é mellorar a saúde física e psicosocial das mulleres integradas no colectivo da Fraga das Saímas.
A Directiva da asociación expresa a súa satisfación pola boa acollida que tiveron todos os cursos desenvoltos na edición 2010-2011 e agradece as súas socias a colaboración e a implicación nestas actividades formativas e espera que na vindeira temporada o número de alumnas supere incluso á pasada por iso anima as súas socias e convida as veciñas de todo o concello a participar coa asociación Fraga das Saímas no seu proxecto socio-formativo.
Felices vacacións a todas as nosas alumnas! Vémonos en setembro.