20.6.11

CELEBRACIÓN DA XLIII EDICIÓN DA RAPA DAS BESTAS NO CURRO DO CANDAOSO

A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DO MES DE XULLO CELÉBRASE NA NOSA PARROQUIA UNHA NOVA EDICIÓN DA RAPA DAS BESTAS NO CURRO DO CANDAOSO.

A próxima fin de semana do 2 de xullo de 2011 as/os veciñas/os da parroquia de Santo André de Boimente celebramos a Rapa das Bestas do Candaoso. Festa declarada de Interese Turístico Nacional que cumpre a súa XLIII edición e unha das máis importantes feiras/festas da Comarca da Mariña Lucense e da súa provincia. Se non tés ningún plan para esa fin de semana, xa te podes apuntar á diversión e ao goce da contorna natural que acolle esta famosa festa. Esperámosvos!

Para todas/os aqueles que estean interesada/os en acudir a esta festa deixámosvos o cartel coa programación de actividades da Rapa das Bestas a desenvolverse ao longo de toda a fin de semana.


No hay comentarios: