Santo André de Boimente arranca o día de reflexión electoral cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Bravos, con motivo da celebración da Festa do Corpus.
A ORQUESTRA PALLADIUM TOCARÁ ESTE SÁBADO 21 DE MAIO NAS FESTAS PATRONAIS DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.
As veciñas e veciños de Santo André celebran as súas festas patronais do Corpus o vindeiro sábado 21 de maio.
Esta celebración parroquial comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne, que logo de moitos anos e como novidade durante esta ceremonia relixiosa os feligreses poderán deleitarse coas voces do CORO PARROQUIAL DE BRAVOS que interpretarán diferentes temas durante a celebración desta misa.
Logo da procesión terá lugar a sesión vermut coa presentación da nova orquestra Palladium (cuxos componentes formaban parte da orquestra Suavecito).
A festa continuará no adro da Igrexa de Santo André de Boimente a partir das 22.00 horas coas actuacións da Orquestra Palladium e o Trío Sesión.
As veciñas e veciños desta parroquia convidan a todos os viveirenses a celebrar con eles as súas festas patronais e animan á xente que teña gañas de celebrar o “día de reflexión electoral” con baile e diversión a achegarse a San Andrés para gozar con verdadeiros profesionais da música e do canto.