24.4.11

INAUGURACIÓN DO Iº CURSO DE COCIÑA E REPOSTERÍA AO ESTILO TRADICIONAL

“Fraga das Saímas” organiza, con éxito de participación, o Iº Curso de Cociña e Repostería nas instalacións do Hotel-Restaurante O’Val do Naseiro
 
AGOTADAS AS PRAZAS PARA ASISTIR AO “ Iº CURSO DE COCIÑA E REPOSTERÍA AO ESTILO TRADICIONAL” IMPARTIDO POLO TÉCNICO ESPECIALISTA EN HOSTALERÍA, IVÁN GALDO


A Directiva da asociación de mulleres rurais da parroquia de Santo André de Boimente, ven de poñer en marcha o Iº Curso de cociña e repostería ao estilo tradicional. Unha actividade formativa demandada polas súas socias en numerosas ocasións e que logo de buscar entre todas a fórmula máis axeitada para poder levar a cabo esta actividade, dada a imposibilidade material de impartirse este tipo de cursos no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente, e unha vez realizadas diversas xestións polas membros da Directiva acordouse a súa celebración nas instalacións do Hotel-Restaurante O´Val do Naseiro, situado na parroquia veciña de San Pedro.

Coa organización deste curso Fraga das Saímas busca contribuír a rescatar o valor patrimonial das recetas tradicionales galegas, aprender sobre a historia gastronómica do noso país, e ao mesmo tempo gozar dun momento agradable e divertido, ou o que é o mesmo “aprender gozando”

Con esta iniciativa a directiva busca ofrecerlles ás dezanove alumnas interesadas no mundo da cociña e os seus segredos, a oportunidade de aprender e/ou ampliar os seus coñecementos culinarios da man do cociñeiro Ivan Galdo del Río, (Técnico especialista en Hostalería).

Ivan Galdo con algunha das alumnas durante a presentación
O curso que ven de inaugurarse o pasado mércores, durante a cal xa se puxo a disposición das asistentes un recetario de cociña elaborado polo mestre de cociña, desenvolverase un día a semana durante os meses de abril e maio, no Hotel-Restaurante O´Val do Naseiro. Este curso ten unha duración total de 30 horas e o seu custo, que inclúe a materia prima, o profesor-cociñeiro, a aula de cociña exclusiva e degustación, será financiado nun 50% pola asociación Fraga das Saímas.

No hay comentarios: