11.4.11

FALLO DO XURADO CALIFICADOR DO Iº CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "FRAGA DAS SAÍMAS, MONUMENTO NATURAL"


A OBRA DE FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ FERVENCIÑAS DA FRAGA DAS SAÍMAS-3” GAÑADORA DO PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “FRAGA DAS SAÍMAS, MONUMENTO NATURAL”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.

O xurado calificador do Iº Concurso de Fotografía, co lema “Fraga das Saímas, Monumento Natural”, e que a Asociación de Mulleres Rurais de San Andrés de Boimente convocara con motivo da celebración do Día Internacional da Árbore, reuníuse no Centro Socio-Cultural da Asociación MMRR “Fraga das Saímas” este domingo para valorar os 53 traballos presentados por vinte fotógrafos aficionados á natureza e amantes da vida.

Os criterios de valoración, tal e como se recollían nas bases da convocatoria deste concurso, e que os membros do xurado tiveron en conta á hora de examinar e puntuar os traballos presentados polos concursantes foron: a adecuación ao tema do concurso, a creatividade e orixinalidade dos traballos e a calidade técnico artística dos mesmos.

Dos 53 traballos, o xurado acordou descalificar tres obras por non adecuarse ao tema do concurso e logo do estudo das restantes obras o xurado preseleccionou os 30 mellores traballos presentados ao concurso, co obxecto de que formen parte dunha exposición temporal, que comezará no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

O xurado calificador, logo de rematado o proceso de preselección, procedeu a seleccionar  as obras finalistas e  as gañadoras do concurso, que despois de dúas horas reunidos acordaron por unanimidade conceder o:

PRIMEIRO PREMIO.-  consistente en 200 € en metálico e na entrega dun diploma ,a FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ, pola obra titulada Fervenciñas da Fraga das Saímas-3 .
SEGUNDO PREMIO.-  consistente en 100 € en metálico e na entrega dun diploma , a ESTELA INSUA AYUSO, pola obra titulada El reflejo del Futuro.
TERCEIRO PREMIO.-  consistente en 50 € en metálico e na entrega dun diploma, a LORENA DÍAZ FERNÁNDEZ, pola obra titulada Rama lacrimosa.

O xurado destacou a gran calidade na execución destas obras, que fan visible a beleza serea deste monumento natural, na que logran empregar a conxunción de tres elementos fundamentais para convertir unha obra en arte : a sensibilidade manifestada co medio natural, a súa calidade técnico-artística e a creatividade e orixinalidade.

Os autores das seis obras que quedaron  finalistas nesta 1ª edición do concurso de Fotografía Fraga das Saímas” son:

1º Finalista: Miguel Villalba Tomás, coa obra titulada “O ceo na Fraga”
2º Finalista: Francisco López López coa obra titulada “Fervenciñas da Fraga das Saímas-2
3º Finalista: Miguel Villalba Tomás, coa obra titulada “ Árbore”
4º Finalista: Luis Carlos Gancedo García, coa obra titulada: Selvaxe
5º Finalista: Francisco López López, coa obra titulada “Fervenciñas da Fraga das Saímas-1”
6º Finalista: Juan Antonio Fernández Váquez, coa obra titulada “Fervenza e Remuíño”

A entrega de premios e diplomas aos tres gañadores do Iº Concurso de Fotografía “Fraga das Saímas, Monumento Natural”, xunto coa inauguración da exposición temporal das 30 mellores fotografias, realizarase o vindeiro sábado 30 de abril de 2011 no marco da celebración da 4ª edición da Festa do Medio Natural e Familia.

A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar de forma pública o seu agradecemento ás traballadoras do Centro Comarcal da Mariña Occidental (Ana e Melania) pola súa inestimábel axuda e colaboración durante toda a fase de información e presentación dos traballos a este Concurso e sen as cales este proxecto non houbera sido o mesmo. Tamén queremos agradecer a colaboración daquelas institucións públicas,  medios de comunicación e asociacións que colaboraron na divulgación desta ilusionante iniciativa. E por último, e dun xeito especial a todas aquelas persoas que participaron  nesta 1ª edición do concurso  de fotografía, así como ao profesional da fotografía  Oliver e a Josefina Casas Ferreiros (CATÁ) que de forma desinteresada aceptaron formar parte do Xurado Calificador.



No hay comentarios: