1.5.11

PREMIOS E AGASALLOS, UNHA EXPOSICIÓN CHEA DE CORES, UN BO XANTAR E BAILE, BAILE E MÁIS BAILE...E TODO ISTO EN SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE!

A ENTREGA DOS PREMIOS DO Iº CONCURSO DE FOTOGRAFÍA, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS”, TIVO LUGAR DURANTE O ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “FRAGA DAS SAÍMAS, MONUMENTO NATURAL”,  NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA 3ª FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA”.

O sábado, 30 de abril, celebrouse no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, a 3ª Festa do Medio Natural e Familia organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “ Fraga das Saímas”,  a cal tivo como actos centrais a Gala de entrega de premios do Iº Concurso de fotografía sobre a Fraga das Saímas e a inauguración da Exposición fotográfica que leva por título o lema deste concurso: Fraga das Saímas, Monumento Natural.
Os gañadores do Concurso (Francisco López, Estela Insua e Lorena Díaz), así como o cuarto finalista (Carlos Gancedo) acudiron á Gala dos premios deste concurso e á inauguración da exposición itinerante de fotografías,  acompañados de amigos e familiares.
A Asociación de MMRR “Fraga das Saímas” tamén contou durante a celebración destes actos coa presencia da Concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro, Isabel Rodríguez, os membros do xurado calificador do concurso fotográfico: a propietaria da firma especializada en material de belas artes (Catá), Josefina Casas e o fotógrafo viveirense Óliver.
Os actos comezaron as 13:30 h. coa intervención da presidenta, Flor Chao, que según as súas propias palabras Coa organización deste Concurso fotográfico da Fraga das Saímas queremos promover dun xeito activo,o respecto e o coidado ao noso patrimonio natural, contribuíndo con isto a concienciar á cidadanía da necesidade de reclamar un cambio de xestión dos sistemas forestais para erradicar a degradación dos nosos montes e garantir a conservación dos ecosistemas naturais”.  Durante o discurso dos actos centrais da celebración da 3ª Festa do Medio Natural a Presidenta desta asociación exclamou ante as máis de oitenta socias, veciños e convidadosA inauguración desta exposición fotográfica e a entrega dos premios aos gañadores do concurso de fotografía énchenos de gozo porque hoxe a Fraga das Saímas é un pouco máis coñecida e estamos convencidas de que tamén é un pouco máis querida e respectada e seguro que tamén máis protexida! Cremos que canto máis persoas coñezan a existencia desta fermosa paraxe máis posibilidades temos de poder seguir conservando este Monumento Natural e máis posibilidades hai de que logremos que sobreviva á invasión de especies depredadoras como é a planta de eucalito e ás accións irresponsables do home”.

Durante o acto de inauguración da exposición fotográfica, composta por trinta obras fotográficas seleccionadas de entre as 53 presentadas a concurso, proxectouse o DVD “Fraga das Saímas, Monumento Natural”, onde todos os presentes puideron contemplar  unha pequena mostra da beleza desta paraxe a través da proxección de todas os traballos fotográficos presentados a este concurso. Logo de rematada esta proxección as organizadoras do Concurso fixeron acto de entrega dos premios aos gañadores, agasallando tamén aos finalistas cun diploma e o libro “Cabo da vida  CORRUBEDO vida do Cabo”.

Rematados os actos centrais da Festa do Medio Natural máis de oitenta invitado  deron boa conta do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e disfrutaron dunha sesión de baile amenizado polo grupo “Dúo Maracuyá” de Ferrol, que foron os encargados de poñer a nota musical a esta día de celebracións, incluído un paseíllo con gaita e acordeón dedicado a todas as nais presentes.  Pasadas as nove da noite a 3ª Festa do Medio Natural despidíuse ata o 2012.

No hay comentarios: