“FRAGA DAS SAÍMAS” CELEBRA, XUNTO Á ASOCIACIÓN DE VIÚVAS E MULLERES RURAIS DE CHAVÍN E OUTROS COLECTIVOS DE MULLERES DE VIVEIRO, O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
A Directiva da “Fraga das Saímas” lembrou ás aficionadas á fotografía que o prazo para participar no Iº concurso de fotografía que estaba a organizar o seu colectivo remata o xoves 31 de marzo e que aínda dispuñan de tempo para achegarse ata os montes do Buio (parroquia de Santo André de Boimente), espazo no que se integra a Fraga das Saímas, para gozar desta paraxe natural e capturar coas súas cámaras a beleza descoñecida desta Fraga e facerse así cun dos tres premios cos que está dotado este singular concurso
Asimesmo, a Directiva aproveitou esta xuntanza lúdica para informar ás súas socias e veciñas amantes das novas tecnoloxías que podían coñecer as últimas novas da asociación no seu blog http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com e no recén estreado facebook http://www.facebook.com/people/Fragadassaimas, así como tamén realizar a descarga de documentos e fotografías colgadas no blog da asociación (no apartado de “descarga de documento” e “arquivos fotográficos de actividades”). Por outra banda, animou as veciñas a facerse amigas en Facebook da Fragadassaimas co obxecto de facer desta asociación un colectivo cada vez máis participativo e aberto as súas seguidoras.