1.3.11

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

ORGANIZACIÓN DUNHA CEA-BAILE NO RESTAURANTE LOUZAO, O SÁBADO 12 DE MARZO, CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.


A directiva da AMRR "Fraga das Saímas" comunica a todas as súas socias que o CIM de Viveiro remitíu invitación as mulleres desta asociación para asistir á Cea-Baile que está a organizarse desde o Concello con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.

A Cea-Baile, cuxo prezo ascende a 35 euros por "cabeza", terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no restaurante Louzao e as mulleres interesadas deberán confirmar a súa asistencia chamando por teléfono ao restaurante antes do día 10 de marzo.

As mulleres que decidan acudir poden poñerse en contacto, a maior brevedade posible, coa Presidenta para organizar o tema do transporte. A Concelleira de Cultura transmitíulle á Presidenta que a súa petición de transporte sería atendida.