Como todo na vida, o que empeza sempre ten irremediablemente un final. Neste caso un final con bos resultados para moitas das persoas da parroquia de Santo André de Boimente e a súa contorna que acudiron nalgún momento, ao longo destes dous últimos anos, ás sesións da homeópata ferrolana.
FINALIZAN AS CONSULTAS E SESIÓNS DE MASAXE DA HOMEÓPATA QUE VIÑA ACUDINDO AO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE DESDE O ANO 2009.
A directiva da asociación "Fraga das Saímas" pon en coñecemento de todas as súas socias e veciños da parroquia que a homeópata ferrolana, Loli Fernández, comunicou esta fin de semana á Presidenta da Asociación de Mulleres a súa decisión de non continuar coas súas sesións terapéuticas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, que por iniciativa da Directiva da asociación “Fraga das Saímas” viña realizando desde o ano 2009. A homeópata indicoulle á Presidenta deste colectivo que os usuarios que estaban acudindo as súas consultas, a día de hoxe, eran a maioría da zona de Viveiro e a súa contorna polo que decidira trasladar as súas consultas ao Centro Socio-Cultural de San Pedro a partir do mes de marzo.
A directiva agradece o traballo realizado por esta profesional na parroquia de Santo André de Boimente ao longo destes últimos dous anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario