11.1.10

DONA JULIA VIDAL BALSEIRO "SOCIA HONORÍFICA" DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS"

JULIA VIDAL BALSEIRO, NOMEADA SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÍMAS NO SEU CEN ANIVERSARIO.


A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de homenaxear a súa veciña Dona Julia Vidal Balseiro con motivo do seu 100 cumpreanos o pasado 7 de xaneiro.


A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” outorgou o título de SOCIA DE HONOR desta entidade a súa veciña Dona Julia Vidal Balseiro no seu 100 cumpreanos como mostra de recoñecemento a 100 anos vividos coa dignidade e coraxe dunha muller valente que soubo enfrontarse ás dificultades da vida con dedicación, inxenio e alegría e por contribuir a dignificar o “traballo invisible das mulleres rurais” realizado ao longo da súa vida no campo e no ámbito familiar.


As membros da Directiva da Fraga das Saímas fixeron acto de entrega deste título a Dona Julia Vidal durante a celebración do seu aniversario,na que estivo rodeada dos seus netos, biznetas, nora, irmáns e sobriñas. Durante esta homenaxe a Presidenta aproveitou para transmitirlle a Dona Julia todo o cariño e consideración das mulleres da asociación.


Dona Julia recibíu este Título con gran ilusión e moi emocionada, agradecendo á Asociación “Fraga das Saímas” esta homenaxe que supón para min unha grande satisfación e que dalgún xeito contribúe a resaltar o papel que desenpeñamos as mulleres do campo, na estrutura social e económica do noso país.