4.10.09

MULLERES DA ASOCIACIÓN FRAGA DAS SAÍMAS PARTICIPAN NUN TALLER DE ARTE FLORAL


O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS ACOLLEU UN TALLER DE ARTE FLORAL, ORGANIZADO POLA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN FRAGA DAS SAÍMAS,


A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de organizar con gran éxito o Iº Taller de Arte Floral no seu Centro Socio-Cultural.


Durante a última semana de setembro 17 alumnas inscritas neste taller aprenderon de mans dun profesional os segredos para mellorar a súa técnica de elaboración de centros e ramos de flores naturais.


Un dos obxectivos principais que perseguía a actual Directiva con este taller era que as alumnas adquiriran as técnicas básicas para desenvolver, empregando a súa propia creatividade e frescura, distintas composicións florais decorativas.


O taller, que tivo unha duración de 10 horas, congregou a mulleres da asociación Fraga das Saímas e a veciñas do concello de Viveiro. Estas asistiron durante catro días ao Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, envolto nunha ampla gama de cores e olores florais, no cal se lles impartiu, durante a primeira parte do taller, unha clase teórica sobre os segredos do mundo floral e, durante a segunda parte do mesmo, clases eminentemente prácticas onde as alumnas puxeron a proba as súas habilidades creativas nas composicións e arranxos florais.


Ao remate deste taller as participantes non só levaron o aprendido con elas senón que tamén marcharon cos preciosos ramos e centros feitos por elas mesmas.


A directiva atópase moi satisfeita pola boa acollida que tivo este taller entre as súas socias e veciños, amosando as participantes un grande interese e entusiasmo durante as clases impartidas por Fran (Floristería Loli).