12.10.09

CICLO DE CHARLAS PARA O FOMENTO DA SAÚDE DA MULLER


A DIRECTIVA DA "FRAGA DAS SAÍMAS" ORGANIZA UN CICLO DE CHARLAS PARA FOMENTALA SAÚDE DAS MULLERES DA PARROQUIA DE SAN ANDRÉS.

En San Andrés de Boimente, 12 de outubro de 2009.- A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” está a organizar un ciclo de charlas dirixido as súas socias e a todas as mulleres do Concello de Viveiro, que desexen participar nestas xornadas, co obxecto de potenciar e favorecer a súa saúde e mellorar a súa calidade de vida.

O ciclo de charlas impartiranse no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente durante este mes de outubro.

As primeiras xornadas comezarán co módulo “Potenciando o noso Corpo” do Programa Tempos de Mulleres-2009, onde as asistentes aprenderán a través dunha serie de exercicios e movementos naturais a desenvolver de maneira coordinada o seu corpo e a súa mente. Estas xornadas celebraranse os tres vindeiros venres (16, 23 e 30 de outubro) en horario de 16.00 a 18.30 h.

Dentro deste ciclo de charlas celebrarase o martes 27 de outubro, en horario de 17.00 a 19.00 horas, unha sesión informativa financiada polo Concello de Viveiro que leva por título “A promoción da saúde da muller”. Os temas que se desenvolverán ao longo desta xornada tratarán sobre o cancro de mama e útero e a sexualidade sana. Estas charlas serás impartidas polas doutoras Laura Quintás (Hospital xeral de Lugo) e Noelia (Hospital xeral de Santiago de Compostela)

Para participar nestas charlas haberá que anotarse previamente, podendo inscribirse nas mesmas calquera socia da asociación Fraga das Saímas así como tamén aquelas mulleres do concello de Viveiro que estean interesadas nalgunha destas charlas e desexen aprender dun xeito ameno e divertido a través da participación dinámica e activa . As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa directiva no teléfono 669250948.