8.9.09


ÁBRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS DIVERSAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DE INVERNO ORGANIZADAS POLA DIRECTIVA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE

A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” acaba de abrir o prazo para inscribirse nas diferentes actividades formativas programadas por esta asociación para o último cuatrimestre do 2009.

As actividades formativas que vai a por en marcha ao longo deste último cuatrimestre a Directiva da Fraga das Saímas e que se impartirán no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente son as seguintes:

- Charla sobre o novo mercado eléctrico, impartido pola técnica da oficina do consumidor do Concello de Viveiro e a Concelleira de Comercio. Día: 19 de setembro a partir das 17:00 horas.
- Curso do Programa Tempos de Mulleres-2009. Módulo II: Somos Mulleres. Dias, 23 e 30 de setembro en horario de 16:00 ás 18:30 horas. Impartido por Técnico da Xunta de Galicia.
- Taller de Arte Floral: Duración 10 horas. Día de comezo: 28 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas. Impartido por Fran (Floristería Loli).
- Taller de Manualidades: Días: tódos os xoves en horario de 16:00 a 19:00 horas. Día de comezo 10 de setembro. Monitora: Pilar Álvarez
- Curso de Ximnasia: Días: todos os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas. Data de comezo: Mes de Outubro.Monitora: Rosi Esmorís

Por outra banda, a Directiva lamenta comunicar ás persoas interesadas nos cursos de internet que non vai ser posible impartilos posto que no mes de abril a Deputación nos desconectou da Rede de Telecentros e desde entón, e a pesares das nosas peticións reiteradas, non fomos quen de conseguir que se nos dera unha solución nin por parte do Concello de Viveiro nin da Deputación.

Para participar nestas actividades haberá que anotarse previamente, podendo inscribirse nas mesmas calquera socia da asociación Fraga das Saímas, incluídos os homes veciños da parroquia (excepto no Programa de Mulleres-2009) así como tamén aquelas mulleres do concello de Viveiro que estean interesadas nalgunha destas actividades e desexen compartir un espazo de ocio e un tempo para elas. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa directiva no teléfono 669250948.