1.4.08

OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA FINCA ANEXA AO CENTRO SOCIO-CULTURAL PARA APARCADOIRO



REMATAN AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO NA FINCA ANEXA AO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE,QUE FORA CEDIDA POLOS SEUS PROPIETARIOS Á ASOCIACIÓN DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS PARA UTILIZAR COMO APARCADOIRO TODA A COMUNIDADE VECIÑAL.



Os traballos de acondicionamento da finca anexa ao Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, para utilizar como aparcadoiro esta comunidade veciñal, acaban de concluír. Estas obras foron executadas polo Servizo de Infraestruturas Agrarias da Delegación de Medio Rural grazas ás xestións feitas pola Directiva da Asociación Fraga das Saímas ante a Administración da Xunta de Galicia.

A Directiva da Asociación, coa axuda da comunidade de veciños de San Andrés, aproveitou para facer obras de canalización, drenaxe e compactado do entorno do Centro Socio-Cultural, para intentar eliminar os problemas de escorrentías e humidade que está a padecer desde hai anos esta edificación.