VÍTOR ÁLVAREZ ARIAS, XEFE DE SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL INAUGURA AS OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE E ASISTE A CELEBRACIÓN DO Iº ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN MMRR “FRAGA DAS SAÍMAS”.
En San Andrés de Boimente, 30 de marzo de 2008.- O sábado, 29 de marzo O Xefe de Infraestruturas Agrarias da Delegación Provincial de Medio Rural inaugurou as obras de mellora e acondicionamento do Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente cofinanciadas pola Consellería de Medio Rural e as veciñas e veciños da parroquia e a colaboración Concello de Viveiro.
Xunto a este acto, ao cal Melchor Roel, Alcalde de Viveiro e Isabel Rodríguez, Concelleira de Benestar Social, non lles foi posible asistir por motivos de axenda, celebrouse o Iº aniversario da Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas”.
O acto de inauguración comezou ás 13:30 horas, coas intervencións de Flor Chao, Presidenta da Asociación MMRR Fraga das Saímas e de Vítor Álvarez , Xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Delegación de Medio Rural.
A Presidenta agradeceu a colaboración da comunidade veciñal de San Andrés, da Consellería de Medio Rural e do Concello de Viveiro por facer posible as obras de acondicionamento do Centro Socio-Cultural que, según palabras de Flor, estase a convertir nun verdadeiro Centro Dinamizador Socio-Cultural das veciñas e veciños de San Andrés e nun punto de encontro da comunidade veciñal. Por outra banda tamén destacou que un ano despois do nacemento como asociación o proxecto común posto en marcha pola Xunta Directiva para darlle a palabra e o protagonismo as nosas mulleres, impulsando actuacións e actividades comúns á condición de muller estase a facer realidade grazas ao empuxe e dinamismo das propias socias.
O representante de Medio Rural, Vítor Álvarez, durante a súa intervención destacou a labor social da Asociación de Mulleres por estar a contribuír na mellora da calidade de vida da xente do rural e alabou o esforzo e o traballo que estaban a facer desde a Asociación, asimesmo comprometeuse a que desde Medio Rural seguirían apoiando e colaborando de forma activa á comunidade veciñal de San Andrés.
Ao remate da inauguración os 102 asistentes recibiron un agasallo con motivo do 1º aniversario da Asociación Fraga das Saímas.
A continuación todos os asistentes puideron disfrutar dun xantar, cuxo menú foi servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e dunha sesión de baile amenizado polo grupo musical “Trío Costa Lucense”. A festa prolongouse ata as oito e media da noite.

No hay comentarios:
Publicar un comentario