10.7.07

COÑECENDO A RIQUEZA DAS RÍAS BAIXAS





VIAXE ÁS RÍAS BAIXAS DA ASOCIACIÓN "FRAGA DAS SAÍMAS"




San Andrés de Boimente, xullo de 2007. O pasado sábado, a nosa asociación organizou unha viaxe para coñecer a riqueza das Rías Baixas, facendo a ruta de poio-combarro-portonovo-o Grove-A Toxa e Cambados. A esta primeira viaxe, organizada pola directiva das mulleres, sumáronse 50 veciñas e veciños.

Programa de visitas:

1º.- Parada no primeiro concello do norte da ría de Pontevedra: Poio, no que se fixo unha visita ao Mosteiro de Poio (século VIII).
2º.- Paseo pola encantadora vila mariñeira: Combarro, coñecida principalmente polos seus cabozos (conta cuns 30) e polos seus cruceiros.
3º Xantar, a carón da ría de Combarro, no restaurante “La Nueva Parada”.
4º.- Visita panorámica polo paseo marítimo de Sanxenxo e Portonovo.
5º.- Parada para descansar e facer compras na Illa da Toxa.
6º.- Percorrido a pé pola vila de Cambados para disfrutar da beleza do Pazo de Fefiñáns e do Pazo de Bazán (actualmente convertido en Parador Nacional), adentrándonos na vila através do Paseo da Calzada, antes coñecida co nome de paseo de Cervantes.
7º.- Retorno a Viveiro.

No hay comentarios: