12.8.07

RECORRENDO A COMARCA DE FERROLTERRA EN TREN TURÍSTICO



AS SOCIAS DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE (VIVEIRO) VIAXAN NO TREN TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL.


En San Andrés de Boimente, 12 de agosto 2007.- As mulleres da Asociación “Fraga das Saímas” e a súas familias súmanse á experiencia innovadora posta en marcha pola Área de Turismo da Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, para visitar “o Ferrol descoñecido” no tren turístico Ferrol-Ortegal.

O sábado, 11 de agosto as mulleres da Asociación Fraga das Saímas tiveron a oportunidade de facer o traxecto do “tren turístico Ferrol-Ortegal” en dous “vagóns históricos” de Feve, que se construíron, un deles, hai máis de 75 anos, para trasladar ás autoridades da época e o outro que data do 1965, empregado no seu momento para a celebración de reunións, conferencias e viaxes turísticas.

Nesta viaxe pola Comarca de Ferrol-Ortegal, participaron 44 socias xunto coas súas familias. Esta visita permitiulles coñecer da man dunha guía a historia do barrio da Magdalena e o Museo Naval de Ferrol. Despois de xantar, contemplando o Atlántico desde a Casa do Mar, trasladáronse en lancha pola ría de Ferrol ata o Castelo de San Felipe, para rematar a tarde degustando unhas tapas de polvo en Mugardos.

No hay comentarios: