30.5.07


A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE, CONCELLO DE VIVEIRO, ORGANIZA CON ÉXITO A SÚA “I FESTA DE CONVIVENCIA VECIÑAL”


En San Andrés de Boimente, 29 de maio de 2007.- A Asamblea Xeral da Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” celebrou, con motivo da súa posta de largo, a primeira festa de convivencia veciñal.

Neste evento, celebrado o pasado 26 de maio no centro socio-cultural da parroquia, participaron tódalas súas socias xunto coas súas familias. O éxito da asistencia a esta celebración fixo preciso ter que dispoñer de todas as dependencias do local social para poder dar cabida a un total de 95 veciñas e veciños.

A festa comezou ás 14:00 horas cun xantar para, despois, continuar coa actuación do grupo musical “Dúo Suso” de As Pontes, prolongándose a mesma ata as 20:00 horas.

No hay comentarios: