17.12.07

PROGRAMA "TEMPOS DE MULLERES"



AS SOCIAS DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE, XUNTO COAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES DE VALCARRÍA, MAGAZOS, VIVEIRO E COVAS, ASISTIRON AO ENCONTRO “TEMPOS DE MULLERES” CELEBRADO EN SILLEDA.


En San Andrés de Boimente, 17 de decembro de 2007.- As mulleres da Asociación “Fraga das Saímas” e as súas homólogas de Valcarría, Magazos, Viveiro e Covas sumáronse ás máis de 370 asociacións de mulleres de toda Galicia para celebrar en Silleda un encontro con motivo da clausura do programa “Tempos de Mulleres” organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social da Xunta de Galicia.O domingo, 16 de setembro trinta mulleres da Asociación Fraga das Saímas, Valcarría, Magazos, Viveiro e Covas tiveron a oportunidade de escoitar as experiencias vividas polas mulleres que participaron no programa “Tempos de Mulleres”. Un programa cuxo fin é fomentar o espíritu e a cultura emprendedora entre as mulleres do rural, favorecer a capacitación das mulleres traballadoras, e en especial as do medio rural e tamén, como non, impulsar un tempo e un espazo de encontro e relación entre as mulleres.Concluído o acto, as mulleres da Mariña Lucense compartiron mesa e mantel, xunto a máis de 4000 mulleres de toda Galicia.Este encontro pechouse bailando todas xuntas ao son das cancións de Pili Pampín e as pandereteiras de Amoedo.

No hay comentarios: