1.3.08

MELLORAS DE ACONDICIONAMENTO NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÍMAS" VEN DE REMATAR AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E A DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO DO CENTRO SOCIAL (antiga escola unitaria de San Andrés de Boimente) ONDE SE ESTÁN A DESENVOLVER ACTIVIDADES DE CARÁCTER INNOVADOR, CULTURAL, SOCIAL, LÚDICO E RECREATIVAS DENTRO DOS ÁMBITOS DE TRABALLO DEFINIDOS POR ESTA ASOCIACIÓN.


As actuacións levadas a cabo neste Centro foron:

1º.- Pintado de paredes e restauración de ventás e portas das seguintes dependencias do Local Social:

1.a.) Salón de actos

1.b) Sá de ordenadores

1.d) baño

1.e) Salón de baile

1.f) todas as paredes exteriores do Centro Socio-cultural

Peche do patio do Centro Social mediante a colocación de ventanais.

Adquisición de moqueta verde e sillas plegables para o Centro Socio-Cultural.


Estas obras de acondicionamento e mellora do Centro Socio-Cultural foron financiadas con axuda da Consellería de Medio Rural e a aportación da Comunidade Veciñal de San Andrés de Boimente, a través da súa Comunidade de Montes.