15.10.07


COMEZAN AS ACTIVIDADES FORMATIVAS DE INVERNO ORGANIZADAS POLA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÍMAS NA PARROQUIA DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE. VIVEIRO.


En San Andrés de Boimente, 15 de Outubro de 2007.- O pasado xoves, 11 de outubro, no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, comezou o primeiro curso de manualidades dirixido as veciñas de San Andrés. Este curso é a primeira das actividades formativas de inverno que está a organizar a directiva da Asociación de mulleres rurais Fraga das Saímas.

Neste curso, programado para unha duración de oito meses, as 25 socias inscritas poderán aprender e perfeccionar as diferentes técnicas de pintura (acuarela, esmalte e óleo), restauración, bordado, calceta, ganchillo e encaixe de bolillos, entre outros.

O curso, impartido por dona Pacola, profesora cunha longa traxectoria e experiencia como monitora de actividades manuais en diferentes asociacións, vaise dar tódolos xoves en horario de 4 a 7 da tarde.

Unha vez máis a Directiva da Asociación quere agradecerlle as súas socias a boa acollida que esta iniciativa está a ter entre as mesmas. Mostra disto é a alta participación das veciñas (25), prevéndose, así mesmo, que esta cifra vaia en aumento a partires do mes de novembro.

No hay comentarios: