3.3.08


AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE DISFRUTAN PARTICIPANDO NO SEU PRIMEIRO CURSO DE XIMNASIA E AROBIC.


En San Andrés de Boimente, 3 de marzo de 2008.- O pasado 18 de febreiro comezou o 1º curso de ximnasia e arobic no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente organizado pola Directiva da Asociación de MRR Fraga das Saímas. Este curso foi, entre outros, unha das actividades aprobadas para o ano 2008 polas socias na súa Asamblea Xeral anual celebrada en xaneiro.

Un dos obxectivos principais que persegue a actual Directiva con este curso é contribuír a manter e mellorala saúde das veciñas e veciños de San Andrés, amén de servir como unha medida terapeútica máis para axudar a prevenir a dependencia das súas maiores.

Este curso estase a impartir pola monitora viveirense Rosa Esmorís todos os luns e xoves en horario de 7 a 8 da tarde no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente. A idade das 18 asistentes abarca un grande abano, dado que vai desde os 12 anos que teñen os alumnos máis pequenos ata os 80 anos que ten a de maior idade.

Por outra banda, as mulleres de San Andrés non só participan neste curso de ximnasia, senón que algunhas o compaxinan co taller de manualidades que segue a impartirse os xoves e asimesmo tamén van a poder asistir durante os meses de marzo e abril a dous talleres de dinamización social.

A directiva atópase moi satisfeita pola boa acollida que está a ter estas iniciativas, pois as participantes amosan un grande interese e entusiasmo durante as clases.

No hay comentarios: