21.12.08

FESTA DE NADAL-2008



AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS CELEBRARON NA NOITE DO SÁBADO A FESTA DE NADAL-2008 EN COMPAÑÍA DAS SÚAS FAMILIAS E OS VECIÑOS DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE.


En San Andrés de Boimente, 21 de decembro de 2008.- A noite do sábado, 20 de decembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” celebrou a Festa de Nadal-2008 nas instalacións do Centro Socio-Cultural da parroquia.

A Directiva da Asociación quixo rematar as actividades do 2008 organizando e celebrando a 1ª Festa de Nadal para as súas socias, familiares e veciños da parroquia de San Andrés.

Este evento comezou ás 19:30 h. co discurso da Presidenta onde aproveitou para felicitar, en nome da Directiva, as festas de Nadal e expresar os mellores desexos para o 2009 a todas as súas socias e á comunidade veciñal da parroquia. Durante a súa intervención agradeceu as socias e veciños a súa participación nas actividades organizadas pola Asociación e destacou a colaboración, implicación e esforzo daquelas socias que axudaron á Directiva a levar a cabo moitas das actividades desenvoltas durante o ano 2008, ás cales lles transmitíu o seu enorme agradecemento así como do resto da Directiva.

Durante os postres a directiva efectuou un sorteo gratuíto, entre as súas socias, de 20 agasallos (colgantes de sargadelos, axendas, calendarios e lápices de memoria), para a continuación e previa venda de boletos, proceder ao sorteo de tres espléndidas cestas navideñas, feitas pola propia Directiva. Nesta ocasión a fortuna recaeu en Aidita del Río Rodríguez, que se levou a 1ª cesta, Florencia Requeijo Rey e Marisa Lestegás Vázquez , ás que a diosa fortuna agasallou coa 2ª e 3ª cesta respectivamente. Tampouco se olvidou a Directiva dos máis pequenos desta festa navideña posto que tamén recibiron algunha que outra sorpresa.

Pasadas as 10:30 da noite os 85 asistentes a esta celebración cantaron e bailaron co grupo musical Dúo Suso ata 01:00 da madrugada.