30.11.08

ESPECTÁCULO DE FRAGAMAXIA


A MAXIA DE O’MAGO MARTÍN CAUTIVA AOS ASISTENTES AO ESPECTÁCULO DE “FRAGAMAXIA”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS” DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE.


En San Andrés de Boimente, 30 de novembro de 2008.- O sábado 29 de novembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ofreceu ás súas veciñas e convidados o espectáculo de “FRAGAMAXIA”.

O poder da maxia venceu ao temporal de vento e neve que sacudíu ao país durante esta fin de semana, dado que as previsións de asistencia ao espectáculo de O’MAGO MARTÍN mantivéronse a pesar do frío intenso que envolveu toda a localidade. Máis de cen persoas se atreveron a saír das súas casas para ver, por primeira vez en San Andrés, este espectáculo programado pola Asociación de mulleres.

Este espectáculo que xirou en torno á maxia e á música de novos valores galegos e que en palabras da presidenta “a Asociación de mulleres rurais Fraga das Saímas, como non podía ser doutro xeito, sempre aposta e apostará polos nosas mozas e mozos. Apostamos polos novos valores porque eles son o futuro do noso país.

A actuación de O`Mago Martín comezou as 18:30 h. e durante todo o seu espectáculo tanto nenos como maiores participaron e disfrutaron coa maxia deste mago que con só 12 anos xa actuou en numerosos concellos do país e que como dixeron as presentes auguramoslles e estamos convencidas que nun prazo non moi lonxano verémolo actuar nos mellores escenarios deste país.

Rematada a hora máxica de Martín as máis de 100 persoas que tiveron a valentía de achegarse ao Centro Socio-Cultural foron premiados, pola Directiva da asociación, cunha degustación de petiscos de lacón asado, orellas e outros produtos de tempada que lograron poñer a tono ata aos máis frioleiros.

O espectáculo da Fragamaxia concluíu coa actuación do GRUPO DE GAITAS “CACHARELA” de Covas que fixo unha demostración tocando varias pezas do seu repertorio musical.