18.9.07



A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE (VIVEIRO) CELEBROU UNHA “FESTA-HOMENAXE Á IDADE DE OURO”



En San Andrés de Boimente, 17 de Setembro 2007.- A Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas”, con motivo dunha homenaxe ás súas socias octoxenarias, celebrou o sábado, 15 de setembro, no seu Centro Socio-Cultural a Festa da Idade de Ouro.

O obxectivo desta homenaxe era o recoñecemento a tódalas súas maiores, representadas este día polas nove socias máis veteranas, por toda unha vida de duro traballo e chea de dificultades que souberon afrontar con coraxe , valentía e firmeza.

A Presidenta da asociación, Flor Chao fíxolles entrega, ás nove socias homenaxeadas (Marina Martínez, Mª Luz Serantes, Lola Rodríguez, Mª Antonia Cao, Palmira Rodríguez, Florencia Requeijo, Ester Lorenzo, Mercedes Martínez e María Chao), dun agasallo como recordo deste día e aproveitou a ocasión para agradecerlles o seu ánimo e apoio en todo momento á asociación.

As homenaxeadas, xunto as súas familias, estiveron arroupadas durante esta celebración por 95 veciños e veciñas, que disfrutaron deste día cun xantar amenizado polo grupo musical “Trío Costa Lucense” de Cervo. A festa polongouse ata as nove da noite.

No hay comentarios: