8.6.08

DESCUBRINDO OS SEGREDOS DA COSTA DA MORTE


AS MULLERES DA
ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” VIAXAN Á COSTA DA MORTE PARA COÑECER EN VIVO O OFICIO DOS ARTESÁNS DA OLERÍA DE BUÑO E A ARTE DAS PALILLEIRAS DE CAMARIÑAS.

En San Andrés de Boimente, 8 de xuño de 2008.- As mulleres da Asociación “Fraga das Saímas” e a súas familias tiveron ocasión de descubrir os segregos dos oficios milenarios dos artesáns da olería de Buño e das palilleiras de Camariñas a través dunha demostración en vivo no Ecomuseo do Forno do Forte e no Castelo de Vimianzo.

O sábado, 7 de xuño as mulleres da Asociación Fraga das Saímas desprazáronse ata o espectacular e misterioso Territorio da Costa da Morte para coñecer parte da cultura, patrimonio e historia de catro dos dezasete concellos que o conforman. Empezaron a visita polo Concello de Malpica, pasando, a continuación, polos Concellos de Ponteceso e Laxe ata deterse en Camariñas. Pola tarde continuaron a ruta ata Vimianzo e por último achegáronse ao fin da terra (Fisterra).

Esta viaxe pola Costa da Morte, onde participaron 50 socias xunto coas súas familias permitiulles coñecer da man de guías locais como era a vida dunha casa oleira, a evolución da olería de Buño e as novas formas desta, así como tamén lles explicaron a historia do Castelo de Vimianzo. Ademais pudieron ver en directo o traballo de artesáns da olería de Buño no Ecomuseo do Forno do Forte e do liño, cristal e do encaixe de Camariñas no Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo. Pero sobre todo foron testemuñas da espectacular beleza dos Cabos declarados Lugares de Interese Comunitario: o Cabo de Fisterra, e do Cabo de Vilán, onde tiveron ocasión, neste último, de visitar o Centro de Interpretación dos Naufraxios e dos Faros.

No hay comentarios: