26.4.09

FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA E GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA


OS NENOS GAÑADORES DO Iº CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL “DESCUBRE A NOSA FRAGA DAS SAÍMAS” ESTIVERON ARROUPADOS POR 115 VECIÑOS DE SAN ANDRÉS, FAMILIARES E PROFESORES NA GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS CELEBRADA DURANTE A “FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA” , ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE MMRR “FRAGA DAS SAÍMAS”


En San Andrés de Boimente, 26 de abril de 2009.- O sábado 25 de abril celebrouse, no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, a Festa do Medio Natural e Familia organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “ Fraga das Saímas”, tendo como acto central a Gala de entrega de premios do Iº Concurso de debuxo e pintura “Descubre a nosa Fraga das Saímas”.
Os nenos gañadores e finalistas do Concurso de debuxo e pintura (Brais, Diego, David, Erika, Alexis, Martín e Yanira) acudiron a esta Gala acompañados polos seus familiares e as profesoras dos CEIP Santa Rita de Galdo e Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

A Asociación de MMRR “Fraga das Saímas” tamén contou, durante esta celebración, coa presencia da Concelleira de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Viveiro, Olga Méndez e a propietaria da firma especializada en material de belas artes (Catá), Josefina Casas.

Os actos desta celebración comezaron as 12:30 h. coa intervención da presidenta, Flor Chao, que según as súas propias palabras Coa celebración da “Festa do Medio Natural e Família” e a Iª Gala de entrega de Premios “ Descubre a nosa Fraga das Saímas” a Asociación de Mulleres quixo poñer un broche de ouro ás actividades que, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Árbore, organizara para as nenas e nenos do Concello de Viveiro co obxectivo común de promover o seu achegamento á natureza e ao medio rural e para posibilitar, ao mesmo tempo, a participación de todos os veciños do concello no enriquecemento do patrimonio natural da nosa parroquia. A presidenta durante a súa intervención aproveitou para facer a presentación do vídeo da asociación de mulleres “momentos para recordar”, onde explicou que se trataba dun documento sonoro feito co fin de preservar na memoria das socias e veciños os mellores momentos vividos durante as actividades desenvoltas pola asociación ao longo dos anos 2007-2008.

Despois da proxección deste vídeo, as membros da Directiva da Asociación, a concelleira de Medio Ambiente e a propietaria de Catá fixeron entrega dos premios aos nenos gañadores do Concurso de debuxo e pintura. Os finalistas foron agasallados cunha mochila donada polo Plan de dinamización turística das Terras do Ulla e Tambre e un diploma. Pola súa parte, a Presidenta entregoulle aos colexios colaboradores un diploma e 35 unidades didactivas, para cada un deles, do proxecto “non queimes o futuro” e agradeceulles a súa implicación e colaboración neste concurso e alabou a calidade dos traballos presentados polos nenos. Asimesmo animou a todos os nenos a coñecer a Fraga das Saímas e a coidala.
Rematados os dous actos centrais da Festa do Medio Natural os máis de 100 invitados puideron disfrutar dun xantar, servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e dunha sesión de baile amenizado polo grupo musical “Dúo+Suso”, onde maiores e nenos cantaron, bailaron e se divertiron ata as oito e media da tarde.

No hay comentarios: