12.4.09

EXPOSICIÓN DO CONCURSO "DESCUBRE A NOSA FRAGA DAS SAÍMAS"



EXPOSICIÓN NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE DOS MELLORES TRABALLOS PRESENTADOS AO CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL, “DESCUBRE A NOSA FRAGA DAS SAÍMAS”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS2



En San Andrés de Boimente, domingo, 12 de abril de 2009.- a Directiva da Asociación MMRR “Fraga das Saímas” abre as portas do seu Centro Socio-Cultural para mostrar a través dunha Exposición os mellores traballos presentados ao Iº Concurso de Debuxo e Pintura Infantil “descubre a nosa Fraga das Saímas” dos alumnos e alumnas de primaria dos Centros de Ensino Público: Lois Tobío de Viveiro, Santa Rita de Galdo e Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, na modalidade de “Centros de Ensino Colaboradores” e os traballos presentados pólas nenas e nenos de Viveiro na “modalidade libre”.

A exposición de debuxo e pintura infantil “Descubre a nosa Fraga das Saímas”, forma parte do proxecto posto en marcha pola directiva da Asociación MMRR “Fraga das Saímas”, en colaboración cos tres Centros de Ensino Público de Viveiro, no mes de febreiro e onde o obxectivo principal era sensibilizar e concienciar ás novas xeracións da importancia que ten nas nosas vidas o medio rural e natural que nos rodea, inculcarlles o respecto e o coidado do noso patrimonio natural e unha cultura de ocio saúdable e deporte ao aire libre.

Todas as persoas interesadas en visitar esta exposición poderán contemplar e apreciar a calidade técnica dos traballos, a extraordinaria imaxinación plasmada nas pinturas e a grande sensibilidade manifestada cos animais e o medio natural que o habitan, reflexada nas mensaxes dos debuxos presentes nesta exposición.

Os debuxos gañadores de Aléxis Amigo, Lucía Chaves, Érika Trasancos, Brais Vázquez, Diego Basanta e David González, xunto con outros 50 traballos preseleccionados que forman parte desta exposición e que xa fora acollida no Centro Comarcal da Marina Occidental durante as últimas dúas semanas de marzo, poderá ser visitada no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, durante os meses de abril e maio, os Martes, en horario de 17:00 horas ás 19:00 horas e os Xoves de 16:00 horas ás 19:00 horas.