11.4.09

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE



AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE APOSTAN POLA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR TRANSPORTE SUMÁNDOSE A UNHA CONDUCIÓN EFICIENTE.


En San Andrés de Boimente, 12 de abril de 2009.- A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas”, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, a Fundación Sotavento Galicia e o Ministerio de Industria, ven de organizar, no seu Centro Socio-Cultural, un curso de Condución Eficiente.

Durante as fins de semana do 4 e 11 de abril vinte alumnos, entre socias e veciños de San Andrés, tiveron a oportunidade de comprobar persoalmente e dun xeito práctico como a través dunha “Condución Eficiente” podemos aforrar unha media dun 15% de combustible, ao mesmo tempo que contribuímos á unha importante redución de emisións contaminantes.

Un dos obxectivos principais que persegue a actual Directiva con este curso é contribuír, de acordo aos seus fins fundacionais, á conservación do medio natural, dado que desde a súa creación, a Asociación MMRR Fraga das Saímas, está a apostar pola colaboración, fomento e participación en todos aqueles Programas innovadores que promoven as distintas administracións públicas e privadas e que contribúen ao desenvolvemento sostible do noso rural e animan ao resto das asociacións a sumarse a este tipo de iniciativas.

A directiva atópase moi satisfeita pola boa acollida que tivo este curso entre as súas socias e veciños, amosando as participantes un grande interese e entusiasmo durante as clases impartidas por persoal da Fundación Sotavento.

No hay comentarios: