22.3.09

FALLO DOS PREMIOS DO Iº CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA "DESCUBRE A NOSA FRAGA DAS SAIMAS"



OS DEBUXOS DE ALEXIS AMIGO FERNÁNDEZ, LUCÍA CHAVES EIJO, ERIKA TRASANCOS, BRAIS VÁZQUEZ YÁÑEZ, DIEGO BASANTA E DAVID GONZÁLEZ, GAÑADORES DO Iº XURADO DO CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL, “DESCUBRE A NOSA FRAGA DAS SAÍMAS” , ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”


En San Andrés de Boimente, domingo, 22 de marzo de 2009.- O xurado do Iº Concurso de Debuxo e Pintura Infantil “descubre a nosa Fraga das Saímas” reuníuse no Centro Socio-Cultural da Asociación MMRR “Fraga das Saímas” o sábado 21 (Día Internacional da árbore) para valorar os traballos presentados polas alumnas e alumnos de primaria dos Centros de Ensino Público: Lois Tobío de Viveiro, Santa Rita de Galdo e Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, na modalidade de “Centros de Ensino Colaboradores” e os traballos presentados pólas nenas e nenos de Viveiro na “modalidade libre”.

Os traballos preseleccionados pólos Centros colaboradores e o Xurado, de acordo as bases do concurso, foron 31 na categoría A (alumnos entre 6 e 8 anos) e 33 na categoría B (alumnos entre 9 e 11 anos). Destacou a participación dos alumnos do CEIP de Lois Tobío con 144 traballos entre as dúas categorías.

O Xurado por unanimidade e de común acordo, resaltando o nivel dos traballos presentados, acordou conceder os seguintes premios:

CATEGORÍA A: NENAS E NENOS EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 6 E 8 ANOS
Primeiro premio.- consistente en 100 euros en metálico + diploma, a BRAIS VÁZQUEZ YÁÑEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO.
Neste traballo, o Xurado valorou fundamentalmente a vinculación co tema, a exposición gráfica da idea central do concurso e a calidade técnica do traballo.
Concédese tamén un lote de 30 unidades didácticas do proxecto “Non queimes o futuro” realizado pola Consellería de Medio Rural e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (co obxecto de traballar coas alumnas e alumnos do 3º ciclo de primaria na sensibilización sobre a catástrofe que supón o lume forestal e crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural) para o Colexio Público CEIP SANTA RITA DE GALDO por ser o Centro Colaborador de onde procede a/o galardonada/o co primeiro premio da Categoría A.

Segundo premio.- consistente en 60 euros en metálico + diploma, a DIEGO BASANTA, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “ CAMIÑO Á FRAGA”
Terceiro premio.- consistente en 40 euros en metálico + diploma a DAVID GONZÁLEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “A FRAGA DOS ANIMAIS”

CATEGORÍA B: NENAS E NENOS EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 9 E 11 ANOS
Primeiro premio.- consistente en:
- 100 euros en metálico + diploma
- Unha visita á Ribeira Sacra no mes de maio (inclúe unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil) coa Asociación de Mulleres Fraga das Saímas, acompañada/o pola nai.
A ALEXIS AMIGO FERNÁNDEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP LOIS TOBÍO.

Neste traballo, o Xurado valorou fundamentalmente a orixinalidade da idea , a sensibilidade manifestada co medio natural e o resultado da execución que reflexa un debuxo con forza e personalidade propia.

Concédese tamén un lote de 30 unidades didácticas do proxecto “Non queimes o futuro” para o Colexio Público LOIS TOBÍO por ser o Centro Colaborador de onde procede a/o galardonada/o co primeiro premio da Categoría B.

Segundo premio.- consistente en 60 euros en metálico + diploma, a LUCÍA CHAVES EIJO, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 6º PRIMARIA no Colexio SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “A FRAGA DAS SAÍMAS”
Terceiro premio.- consistente en 40 euros en metálico + diploma a ERIKA ÁLVAREZ TRANSANCOS, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 6º PRIMARIA no Colexio LOIS TOBÍO pola obra titulada “ VIVIR NA FRAGA”

Os debuxos premiados así como todos o traballos preseleccionados para este concurso participarán nunha Exposición Itinerante no Centro Comarcal da Mariña Occidental, a partir do luns 23 de marzo e no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, a primeira quincena de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar de forma pública o seu profundo agradecemento aos directores e profesores dos Centros de Ensino Público de Santa Rita de Galdo, Lois Tobío de Viveiro e Antonio Pedrosa Latas pola súa colaboración, sen a cal non sería posible levar adiante este proxecto novidoso para a nosa Asociación, así como tamén á Concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Olga Méndez Carro e a Josefina Casas Ferreiros, empresaria e propietaria de CATÁ que de forma desinteresada aceptaron participar como membros do Xurado Calificador.