28.12.15

TALLER SOBRE MANEXO DE TABLETAS E SMARPHONES

A ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” PARTICIPOU NUN TALLER ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN TIC SOBRE O MANEXO DE TABLETAS E OUTROS DISPOSITIVOS INTELIXENTES 

O colectivo feminino “Fraga das Saímas” ven de participar nun taller organizado pola Fundación TIC dirixido @s maiores, ao obxecto de fomentar a súa autonomía persoal e mellorar as súas capacidades cognitivas e funcionais, ademais de prestar, ao mesmo tempo, apoio a todas aquelas persoas que desexen mellorar no uso das novas tecnoloxías.

 Este taller, que se desenvolveu ao longo de dous días no Centro Sociocultural de Santo André de Boimente e que contou con 11 alumn@s, abordou o manexo de tabletas e smartphones, principalmente, así como conceptos básicos para manexarse por internet e diferentes redes sociais. Durante o curso as persoas asistentes tamén traballaron a través de diferentes exercicios coa tableta as capacidades cognitivias e funcionais, como a memoria, a atención, a orientación espacial e o equilíbrio.