22.12.15

FESTA DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS2015"

CARICATURAS EN VIVO, CHISTES, SORTEOS E MÚSICA NA CELEBRACIÓN DA FESTA DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS-2015”

O sábado 19 de decembro o Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente abriu as súas portas un ano máis para  celebrar a última edición da Festa de Nadal-2015, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

Máis dun cento de socias, familiares, veciños e amigas de Viveiro participaron nesta festa navideña un tanto particular e se cadra unha das máis atípicas das que celebrou o colectivo feminino “Fraga das Saímas” nas súas anteriores edicións, onde a música, o humor, e os sorteos  non faltaron ao longo dunha noite carga de emocións e sorpresas.

A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de benvida aproveitou para agradecerlle a  todas as amigas e amigos que ao longo destes anos de imparable  actividade non só apoiaron todas e cada unha das nosas iniciativas senón que tamén se  divertiron, disfrutaron e animaron as nosas festas. e  dixo sentirense “moi orgullosas e satisfeitas de ter feito durante todos estes anos o noso traballo con moito amor e moito humor porque como di o Dr. Adam “ O humor, o amor e a creatividade son os compoñentes fundamentais dunha vida sana” e por iso quixemos que esta noite tan especial fora unha noite de festa 100%  en clave de humor, alegría e diversión” destacou a presidenta  antes de presentar ao caricaturista vigués Michel (Caricaturas en Vivo) que ao longo desta noite inolvidable estivo facendo caricaturas a todas @s convidado@s que quixeron levarse un recordo moi especial do paso pola asociación.

Desde ás 19.30h., que deu comezo a Festa, ata pasadas a media noite o colectivo Fraga das Saímas sorteou 10 agasallos e 3 grandes Cestas Navideñas, entre baile e baile e entre chiste e chiste, contados pol@s  participantes do Concurso de chistes cortos de Nadal e cuxas gañadoras foron as socias do colectivo feminino Chelo e Olga e o viveirense Paco.

A partir das 21.30 h. @s convidad@s deron boa conta dunha suculenta cea de confraternidade servida polo restaurante O’Val do Naseiro, cuxos camareiros, xefe de cociña e Directora foron agasallados durante os postres cunha grande ovación, en palabras da propia presidenta “polo excelente servizo prestado á nosa asociación ao longo de tantos anos, pola  vosa profesionalidade e o voso trato inmellorable”.




Esta celebración navideña prolongouse ata pasadas as 3.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son do ritmo da música do dúo máis querido pola asociación o Dúo Suso, que animaron con entusiasmo e sen parar a un público moi entregado ao baile e ao divertimento.