A RIBEIRA SACRA, ENTRE OS DESTINOS TURÍSTICOS DAS
VIAXEIRAS/OS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS “TURISTEANDO
POR TERRAS LUCENSES”

Antes de adentrarse en terras da
Ribeira Sacra, a expedición da Fraga das Saímas fixo a súa primeira parada no
lugar de Bravos (Outeiro de Rei) para achegarse ao Centro de Interpretación AVIFAUNA, onde o persoal deste parque
zoolóxico ornitolóxico fíxolles unha visita guiada polas súas instalacións e o
aviario, cun recorrido a través dun cuidado xardín botánico onde @s viaxeir@s descubriron
admirad@s unha colección zoolóxica de máis
de 200 especies dos cinco continentes, pertencentes a diversidade de hábitats
diferentes do planeta, moitas delas en perigo de extinción.
Rematado o percorrido polo
fascinante mundo das aves continuaron a
ruta ata Monforte onde Pilar e Juan lles abriron as portas do Pazo de Tor para amosarlles as
estancias deste Pazo de estilo barroco construído no último tercio do S. XVIII.
Durante esta visita @s viaxeir@s puideron coñecer de primeira man unha das máis
importantes mostras da arquitectura pacega galega, así como as salas e
dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións
artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño
privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.
Antes de continuar a viaxe @s
aventureir@s da Fraga das Saímas achegáronse á parroquia de Hermida, no corazón
da Ribeira Sacra, para descansar e degustar o mellor da cociña e dos viños do Mesón e Adega do Veiga. Unha vez
repostas as forzas embarcaron no Catamarán Pelegrín I para navegar polo río
Miño desde a aldea de Belesar ata a illa de Maiorga, descubrindo algún dos
segredos do cultivo da vide na denominación de orixe Ribeira Sacra.
A última parada d@s viaxeir@s foi
no pobo de Portomarín para coñecer da
man da portomarense, Silvia, coñecer a historia e a descubrir o patrimonio
deste concello lucense de 1.624 habitantes, famoso pola pesca da anguila, a súa
augardente e viño das ribeiras e cuxa municipal orixinal foi declarado Conxunto
Histórico-Artístico no ano 1946.
Antes de voltar para a Mariña, remataron a aventura de Turisteando por Terras Lucenses disfrutando das terrazas e bares do acolledor pobo de
Portomarín. Xa de regreso a Directiva agradeceu aos viaxeir@s a súa
participación nesta última súa viaxe e animounos a continuar descubrindo os
tesouros ocultos de Galicia e en particular de Lugo. A Presidenta aproveitou
para infórmalles que estaba aberta o prazo de inscrición para anotarse nas IIIªs Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas
de Cogomelos nos Montes do Buio que
se desenvolverán o sábado, 17 de outubro.
