A CIDADE DE LUCUS AUGUSTI ABREU AS SÚAS PORTAS
AS/OS VIAXEIRAS/OS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS “TURISTEANDO POR TERRAS
LUCENSES”
Esta fin de semana medio cento de
persoas embarcáronse co colectivo de mulleres Fraga das Saímas nunha nova
aventura do programa Turisteando por
Terras Lucenses.
Nesta
ocasión os aventureiros viaxaron ata o Concello de Castro de Rei para coñecer o
Aeródromo de Rozas, que foi
construído durante a 2ª guerra mundial polos alemáns e o cal no ano
1949 convertiuse no aeroporto central de Galicia, mentras se construía o
aeroporto de Lavacolla. Durante a súa estadía
visitaron o exterior da Torre de
control e as instalacións ((hangar, plataforma das aeronaves, etc.) do Real
Aero Club de Lugo, que está a xestionar
este aérodromo desde os anos 60.
Satisfeita a
curiosidade do grupo de viaxeir@s
continuaron a ruta ata o Concello
de Palas de Rei, onde visitaron a Granxa de Ecoagroturismo
Arqueixal para descubrir os segredos deste novidoso negocio familiar que
non so se dedica á produción de queixo , iogur
e leite fresco ecolóxico senón que promoven un estilo de vida que é o
reflexo fiel do seu amor á terra, e están na procura de valorizar as prácticas
ancestrais e promover un desenvolvemento rural sustentábel, demostrativo é
didáctico a través de múltiples actividades culturais como é as exitosas
xornadas teatrais Son d´Aldea, que xa van pola súa cuarta edición. Durante a visita guiada polas súas instalacións tiveron ocasión de coñecer o modelo de granxa desenvolvido por Arqueixal nos últimos
anos, así como o proxecto de recuperación dun conxunto
de casas rurais (A Palleira, a Casa do Muiñeiro, a Caseta das Andoriñas e o
Pallar das Ameixeiras), seguindo os principios de arquitectura ecolóxica e
técnicas de bioconstrución, que adican ao turismo rural. No edificio, coñecido
como O Parladoiro puideron ver un audiovisual
sobre a elaboración artesanal do afamado queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa, visitaron a Casa da Rebordela
(unha casa de labranza galega de tempos preindustriais) e participaron dunha
degustación de iogur e queixo fresco ecolóxico.
Logo de despedirse da familia de Arqueixal puxeron rumbo ao restaurante
Terras do Miño enclavado en pleno paseo do Río Rato, e instalado
no que foi un vello muíño, onde as e @s viaxeir@s repuxeron as
forzas coa súa excelente cociña.
@s viaxeir@s, antes de voltar para a Mariña, remataron a aventura de Turisteando por Terras Lucenses disfrutando das terrazas e bares da capital. Xa no autobús de volta a Directiva agradece a participación
neste programa ás 52 persoas e infórmalles que a próxima actividade de Fraga
das Saímas será a celebración da 2ª Edición das Xornadas Micolóxicas e
Gastronómicas de Cogomelos que se desenvolverán no mes de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario