29.9.14

IIªS XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS "FRAGA DAS SAÍMAS"



As socias, con preferencia, veciños e resto de  persoas interesadas poderán apuntarse a estas xornadas antes do día domingo, 19 de outubro e en tanto non se cubran as 20 prazas.

Esta nova edición ven acompañada de dúas novidades. A primeira é que as alumnas/os que asistan a estas xornadas poderán participarán nun sorteo que se celebrará ese mesmo día, logo de rematada a parte teórica, sendo @ afortunad@ será agraciad@ cun exemplar da Guía micolóxica  sobre os ecosistemas galegos. Os alumn@s tamén poderán apuntarse ao Concurso de Cestas e Composición de Setas que se celebrará á volta da recolecta de setas nos montes do Buio. @ gañad@r será agraciado cun premio sorpresa! As bases do concurso serán entregadas e explicadas o mesmo día da celebración da Xornada.

Xa sabes que para anotarte tés que chamar á presidenta ao teléfono 669250948.

Esperámoste!

No hay comentarios: