2.9.14

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES-2014

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES-2014 ORGANIZADO POLO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS"

 
A Directiva do colectivo feminino de Santo André de Boimente  "Fraga das Saímas" ven de abrir o prazo de inscrición para participar no programa Turisteando por Terras Lucenses-2014. As persoas que estean interesadas neste programa deberán chamar á Directiva para anotarse antes do día 5 de setembro.  

O número máximo de prazas  é de 55 e, como é lóxico e normal,  as socias teñen preferencia pero as amigas/os, familiares e veciños tamén están convidados a participar neste programa.

Se che apetece viaxar con nós non o dubides porque de seguro non te arrepentirás desta experiencia única.

Nunca ninguén viaxou disfrutando tanto por tan pouco!

No hay comentarios: