A
participación da veciñanza na VIª Edición do Día da Socia “Fraga
das Saímas” superou todas as previsións da Directiva que non
puido atender as peticións de última hora.
MÚSICA
E MALABARISMO CON “NOVA SEMENTEIRA” E “ASACOCIRCO” NA
EXITOSA CELEBRACIÓN DO “DÍA DA SOCIA” ORGANIZADA POLO COLECTIVO
FRAGA DAS SAÍMAS.
A Directiva da
Asociación Fraga das Saímas ven
de organizar este sábado, 2 de
agosto, a VIª Edición da Sardiñada do Candaoso con motivo da
celebración do Día da Socia-2014.
O colectivo Fraga das
Saímas elixiu por sexto ano consecutivo a explanada do curro do
Candaoso como o lugar ideal para gozar dunha xornada de convivencia
cos seus familiares e amigos.
Mentras os
voluntarios preparaban todo para recibir aos máis de cen invitados,
o grupo de gaitas de Nova Semente, tocaron un amplo abano pezas
musicais tradicionais ao tempo que ían chegando as socias e amigos.
Os asistentes disfrutaron da actuación do grupo viveirense ao longo
de dúas horas.
Rematado este
espectáculo a Directiva convidou aos asistentes a participar nos
xogos de mesa e na búsqueda dun tesouro, onde o equipo gañador de
Inés Martínez obtivo como premio a participación no roteiro
cultural “Turisteando por Terras
Lucenses” proxectado polo colectivo
“Fraga das Saímas” para o mes de setembro.
Pasadas as 20.30
h. da tarde as socias e convidados comezaron a retirarse, non sen
antes anotarse xa máis de 28 persoas para participar no roteiro
cultural “Turisteando por Terras
Lucenses”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario