As mulleres e homes
gañadores do concurso de disfraces
celebrado durante o “IIIº Baile de Farrapulgas Fraga das Saímas” foron
premiados con VALES-AGASALLO de 25 e 15 euros para facer compras en Agricentro
da Costa, Tenda Ecolóxica Estruga, Mercería Teresa, Construdeco e Pastelería
O´Landro.
MEDIO
CENTO DE MÁSCARAS E CARNAVALES ACUDIRON AO IIIº BAILE DE FARRAPULGAS DO
COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”
A asociación de mulleres rurais “Fraga das
Saímas” ven de organizar o entroido 2013 coa celebración, por terceiro ano
consecutivo, do IIIº Baile de Farrapulgas no Centro Socio-Cultural da
asociación.
O Baile, celebrado o sábado 16 de
febreiro, deu comezo a partir das seis da tarde, momento en que empezaron a
chegar indias, damas de época, vampiresas, parellas de noivos, albaneis,
enfermeiras, médicas, bois, bailarinas, esqueletos, draculauras, soldados, e
así ata medio cento de disfraces.
As Mulleres, nenos e homes que participaron
nesta festa de entroido fixéronno con moito humor e grandes doses de inxenio convertíndose
en persoa, animal ou cousa indescrítibel. Todo eles participaron nun concurso de disfraces, onde a
Directiva Fraga das Saímas seleccionou por categorías (mulleres, homes e nenos)
os disfraces máis orixinais e máis divertidos.
Os premios ao disfrace máis divertido e ao máis
orixinal, na categoría dos nenos/as, foi para disfrace de esqueleto e o de
DracuLaura respectivamente e aos que lles foi entregado, ademais do premio, un
diploma. O resto dos nenos que asistiron disfrazados tamén levaron un
agasallo por participar no homenaxe a Don Carnaval. Na categoría dos homes os premios foron para a
disfrace de Aladino e o Boi. E na categoría das mulleres os premios ao disfrace
máis divertido leváronnos as irmás Inés e Luisa pola parella de galletas Marbú
Doradas e ao disfrace máis orixinal as irmás Lorena e Yanira pola parella de bailaríns de breakdance, mentras
que os segundos premios foron a parar a mans de Olga polo seu papel de india e
de Ana pola súa posta en escea de sevillana. Os premiados nas categorías de
muller e home foron agallados con vales de 25 e 15 euros para comprar nos
seguintes comércios de Viveiro: Agricentro da Costa, Tenda Ecolóxica Estruga,
Mercería Teresa, Construdeco e Pastelería O´Landro.
Durante a tarde-noite deste 16 de febreiro os
máis de sesenta asistentes a esta festa veciñal bailaron ao ritmo da música do
popular Dúo Suso e disfrutaron dun
catering servido polo Mesón O`Imperial.
O Baile das Farrapulgas despedíuse de Don
Carnaval-2013 pasadas as 22.00 horas, logo de que todos os asistentes
participaran nun sorteo gratuíto de seis tápers con produtos de tempada e
un lacón.
Antes de clausurar esta noite a
Presidenta animou aos asistentes a participar o sábado, 23 de febreiro, no
proxecto experimental de compostaxe posto en marcha polo colectivo de mulleres
de Santo André de Boimente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario