21.2.13

ACTOS DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013

"FRAGA DAS SAÍMAS" CELEBRA O DÍA DA MULLER CUN CONCERTO A CARGO DO DÚO ROSAS  INTEGRADO POLA BANDURRISTA CORUÑESA JULIA Mª DOPICO E O GUITARRISTA CUBANO FIDEL GÓMEZ


O colectivo de mulleres de "Fraga das Saímas" convida a todas as súas socias, veciñas e veciños do concello de Viveiro a participar nos actos do Día da Muller que van celebrar o vindeiro sábado 9 de marzo no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.  Os actos comezarán as 18.00 horas co lectura dun Manifesto da Asociación. A continuación as asistentes poderán gozar dun concerto musical que correrá a cargo do Dúo Rosas que interpretará   durante casi 1 hora música popular galega e de autor, en versión para os instrumentos de bandurria e guitarra. Logo deste  concerto único, a Directiva ofreceralles aos asistentes refrescos, pinchos e cafés. Podendo ademais participar todos eles no proxecto nósXOGAMOS. Esperamos vervos a todos o SÁBADO 9 DE MARZO.




No hay comentarios: