30.9.12

TALLER DE RISOTERAPIA EXITOSA

"As  risas e gargalladas das 28 mulleres e homes participantes neste Iº Obradoiro de Risoterapia, contaxiaron  durante a tarde do sábado a todos os asistentes, ao mesmo,  de alegría, benestar e sensación de felicidade así como, según dixo o propio Pedro, “gañaron  horas de vida”,  resumíu a secretaria da entidade organizadora.

  
EXITOSO OBRADOIRO DE RISOTERAPIA, ORGANIZADO POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” E IMPARTIDO POLO POPULAR ACTOR-CÓMICO PEDRO BRANDARIZ DURANTE A TARDE DO SÁBADO NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.

O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolleu a 1ª edición do Obradoiro de Risoterapia, organizado polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas e impartido polo popular cómico, Pedro Brandariz. Un profesional da psicopedagoxía que soubo combinar con gran acerto a súa formación coas artes escénicas ao obxecto de facer algo moi serio como é o humor e algo moi difícil como é facer felices ás persoas cos seus espectáculos e a impartición de talleres e obradoiros, tales como o que impartiu o sábado, 28 de setembro para as socias, amigas e veciños da parroquia de Santo André de Boimente.
As vinteoito mulleres e homes que acudiron “espectantes” a este Obradoiro de Risoterapia, que forma parte do proxecto “Veladas-2012 no Teatro Fraga das Saímas” financiado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo,  descubriron con Pedro Brandariz os grandes beneficios da risa, tanto a nível da súa saúde física como mental.


Ao longo da tarde Pedro ensinoulles a todos os asistentes a traballar coa dinámica da risa, con múltiples  xogos e propostas lúdicas e de relaxación, proporcionándolles ferramentas para aplicar a risa como unha terapia natural e gratuíta na vida cotiá das/os participantes.

Durante tres horas todos os participantes deste obradoiro moveron máis de 400 músculos do corpo, desenvolveron a súa imaxinación e creatividade, desbloqueron tensións acumuladas e, entre outros, redescubriron a alegría de xogar, recuperando a creatividade da/o nena/o interior que todas e todos levamos dentro.



Ao remate deste  novidoso taller de risa activa as/os participantes aplaudiron a organización desta iniciativa e demostraron a súa satisfacción e interese por asistir a novas actividades que estean na liña destes obradoiros.