9.8.12

CELEBRACIÓN EXITOSA DA SARDIÑADA NO REFUXIO DO CANDAOSO-2012


Fraga das Saímas” reuniu no Candaoso, unha das paraxes naturais de Santo André de Boimente máis espectaculares, a máis de noventa socias e convidados para celebrar a 4ª Edición do “Día da Socia”.

EXITOSA SARDIÑADA ORGANIZADA NO REFUXIO DO CANDAOSO POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO SEU “DIA DA SOCIA”.

A Directiva da Asociación Fraga das Saímas ven de organizar este sábado, 4 de agosto, a IV Edición da Sardiñada do Candaoso con motivo da celebración do Día da Socia-2012.

As socias da Asociación Fraga das Saímas elixiron un ano máis a explanada do curro do Candaoso (pertencente aos montes do Buio e moi perto da Fraga das Saímas) como o lugar ideal para disfrutar dunha xornada de convivencia cos seus familiares e amigos. Os asistentes máis “deportistas” tamén aproveitaron para facer rutas por estes paraxes sen preocuparlles a choiva que acompañou de xeito intermitente aos máis de noventa convidados que acudiron o sábado 6 de agosto a esta xa consumada celebración.

A preparación da rica sardiñada con cachelos, acompañada de lacón asado, empanadas e chourizos correu a cargo das membros da Directiva acompañadas das súas inestimables e voluntariosas/os socias e amigos que comezaron a preparar esta xornada gastronómica a partires das 12.00 horas. Este equipo de voluntarios fixo posible que un ano máis a Sardiñada do Candaoso fora un éxito e que os máis de noventa socias, familiares e convidados asistentes á celebración do Día da Socia da Fraga das Saímas disfrutaran dun bo xantar en compañía dos seus achegadados e veciños.


Durante esta xornada de convivencia os asistentes, amantes da música, tamén puxeron a proba as súas voces ao ritmo das melodías do acordeón de Toñito de Rúa. Pasadas as 20.00 h. da tarde as socias e convidados comezaron a retirarse, quedando emprazados pola Directiva para participar no roteiro cultural “Turisteando por Terras Lucenses” proxectado polo colectivo “Fraga das Saímas” para o sábado, 15 de setembro.

No hay comentarios: