8.5.12

12 DE MAIO: FESTA DAS LETRAS GALEGAS E FESTA DO CORPUS DE SANTO ANDRÉ


Veciñas e veciños de Santo André de Boimente, socias do colectivo Fraga das Saímas e convidados  disfrutarán este sábado 12 de maio  da Celebración da Festa das Letras Galegas e da Festa patronal  do Corpus.

A COMPAÑÍA DE TEATRO “O BORDELO”  REPRESENTARÁ  A OBRA “FUME DE CAROZO” NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS, ORGANIZADA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS.

Santo André de Boimente, 7 de maio de 2012.-  O Colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” está a organizar os actos conmemorativos para a celebración do Día das Letras Galegas-2012, adicado este ano ao pontevedrés Valentín Paz Andrade.
Esta Festa das Letras, que forma parte do proxecto cultural VELADAS-2012 NO TEATRO FRAGA DAS SAÍMAS e que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, está prevista que se desenvolva o sábado 12 de maio no micro-teatro “Fraga das Saímas” do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
Os actos conmemorativos comezarán a partir das 20.00 horas da tarde-noite co discurso de benvida da Presidenta, Flor Chao, e a leitura por parte do público voluntario dalgúns poemas do poeta homenaxeado Valentín Paz Andrade e das poetas Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño, as tres únicas mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas ao longo dos cincoenta anos de historia da celebración deste Día.
Deseguido o grupo de teatro O Bordelo (Cervo) representará a peza teatral do seu director Francisco Piñeiro “Fume de Carozo”.  Obra estreada o 5 de xaneiro de 2012 no auditorio de Sargadelos en homenaxe a Isac Díaz Pardo. Unha comedia que intenta abrir unha porta á esperanza tan necesaria e buscada neste momentos de profunda crise que está a padecer a nosa cidadanía.
Ao remate da representación teatral as/os máis festexeiras/os poderán continuar a festa no Adro da Igrexa parroquial coa Verbena-Baile animada pola Orquestra Palladium e o Trío Sesión con motivo da celebración das festas patronais de Corpus, sen olvidarnos tampouco que as/os máis madrugadores poderán achegarse a partir das 13.00 horas a escoitar o Coro Parroquial de Bravos, con cuxas voces se poderán deleitar durante a celebración da cerimonia relixiosa. Ao remate desta cerimonia non faltará a clásica e sempre ben acollida sesión vermut acompañada polos ritmos da música de Palladium.

No hay comentarios: