5.2.12

"FRAGA DAS SAÍMAS ACUDE Á CELEBRACIÓN DO Iº ANIVERSARIO DA RESIDENCIA GERIATROS

“O extraordinario traballo desempeñado polas traballadoras/os da Residencia de Maiores é un exemplo de entrega e cariño aos nosos Maiores…manifestou a presidenta da asociación de mulleres "Fraga das Saímas”, durante a celebración do Iº Aniversario da Residencia Geriatros-Viveiro.

UNHA DELEGACIÓN DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS" ASISTE Á CELEBRACIÓN DO Iº ANIVERSARIO DA RESIDENCIA GERIATROS DE VIVEIRO.


 As representantes do colectivo de mulleres“Fraga das Saímas”, xunto con quince socias e familiares acudiron a tarde do sábado, 11 de febreiro, á Residencia de Maiores de Covas para celebrar  cos residentes deste Centro o Iº Aniversario da Residencia xestionada por Geriatros -Viveiro.


Durante esta celebración as mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” foron convidadas a poñer en práctica a súa habilidade e sorte cos xogos de mesa. Momentos durante os cales tiveron a ocasión de compartir mesa e conversa cos residentes do Centro. Logo dunha merenda todos os convidados, familiares e residentes gozaron co grupo viveirense “Escolma de Meus” que ofreceu unha actuación musical cargada de sensibilidade e humanidade.

A comitiva da asociación “Fraga das Saímas” despedíuse do Centro e os seus residentes pasadas as 19.00 horas, logo de expresarlle á Dirección a súa felicitación polo aniversario e polo extraordinario traballo desempeñado por todas as traballadoras/es do Centro, e que tal como manifestou a presidenta da colectivo de mulleres de San Andrés: é un exemplo de entrega e cariño aos nosos maiores.

No hay comentarios: