A Directiva Fraga das Saímas ANUNCIA a todas as súas socias, veciños, amigos e coñecidos que o colectivo de mulleres rurais "Fraga das Saímas" está a organizar a IIª EDICIÓN DO BAILE DE FARRAPULGAS para celebrar o ENTROIDO-2012. Este gran BAILE vai ter lugar o DOMINGO, 26 DE FEBREIRO a partir das 17.00 horas. Así pois, xa podedes poñer a traballar esa grande imaxinación que tedes para pensar cal vai ser o disfrace con que nos ides sorprender este ano. Non só haberá música, baile, pinchos e bebidas senón tamén que teremos premios e sorpresas para as máis atrevidas e festeixas. ESPERÁMOSVOS! APÚNTATE XA.
NON TE ARREPENTIRÁS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario