UNANIMIDADE NA VOTACIÓN DA ASEMBLEA DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” PARA A ELECCIÓN DA CANDIDATURA Á XUNTA DIRECTIVA, ENCABEZADA POR FLOR CHAO, E APOIO UNÁNIME AO SEU PROGRAMA DE GOBERNO E DE XESTIÓN.
A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de celebrar o sábado, 21 de xaneiro, dúas asembleas xerais no Centro Socio-Cultural que xestiona este colectivo desde o ano 2007.
Sen previo descanso, as mulleres do colectivo Fraga das Saímas celebraron deseguido nunha Asemblea Xeral Extraordinaria, con motivo da elección dos cargos da nova directiva para a lexislatura 2012-2016.
A nova Directiva elexida por unanimidade, con 49 votos a favor e ningún en contra, quedou constituída polas seguintes mulleres: Flor Chao (presidenta), Xuxa Rouco (Tesoureira), Gloria (Secretaria), Mª Josefa Rouco (vocal 1ª), Adelina Lorenzo (vocal 2ª). Antes da votación as candidatas, a través da súa secretaria, declararon ante a asemblea que non estaba nas súas mentes repetir mandato e que tan só aceptaban presentar candidatura por sentido de responsabilidade e de compromiso coas institucións e con aquelas socias que están a apoiar este proxecto colectivo desde a súa posta en marcha.
Logo da elección da nova Directiva, a secretaria expuxo o Programa de actuacións e investimentos para o 2012 e unha vez rematada a súa intervención e tralo apoio unánime, por parte da asemblea, ao Programa de actividades a presidenta quixo recordar ás presentes que o programa de goberno da nova directiva seguiría na mesma liña de traballo e cos mesmos plantexamentos de xestión interna e externa que ata o de agora viña desenvolvendo a anterior Directiva.
Entre as actuacións novidosas aprobadas pola asemblea cabe sinalar: en materia de formación: unhas xornadas técnicas sobre cogumelos, unhas xornadas técnicas sobre eficiencia enerxética e clases de baile de Salón. En materia de actuacións para preservar o noso patrimonio e a posta en valor dos recursos naturais: o Proxecto de “Microtoponimia e o Mapa dos nomes”. (1ª Fase), o Concurso de Fotografía “Fraga das Saímas-2012: “os produtos da nosa Nai Terra” e en materia de fomento do coñecemento sobre o patrimonio natural, histórico e artístico de Galiza e outros territorios, resaltar a aprobación dunha viaxe a Portugal e unha visita guiada ao Parque Experimental da Fundación Sotavento (Xermade) e ao parque natural de Marcelle.