11.1.11

ASEMBLEA XERAL ANUAL DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS"

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ANUAL DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "FRAGA DAS SAÍMAS"

Ponse en coñecemento de todas as socias da asociación Fraga das Saímas da celebración da Asemblea xeral anual desta asociación.


A presidenta, en virtude das facultades que lle confire o artigo 15 dos Estatutos da Asociación de mulleres rurais Fraga das Saímas  convócaa á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no Centro Social de San Andres de Boimente, o SABADO22 de XANEIRO de 2011, ás 17:00 HORAS en primeira convocatoria e, de ser o caso, ás 17:30 HORAS en segunda convocatoria,  para debater e tomar acordos sobre os seguintes asuntos da orde do día:

    Primeiro: Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
    Segundo:  Dar conta de altas e baixa de socias.
    Terceiro.- Dar conta do estado de ingresos e gastos do exercicio 2010 e aprobación, se procede, do mesmo.
    Cuarto.- Aprobar, se procede, o Programa de actividades e investimentos e o Orzamento anual de ingresos e gastos para o exercicio 2011.
    Quinto:  Suxestións e preguntas.
    Esperamos que podades acudir o maior número de socias a esta reunión, posto que é de interese para a boa marcha da asociación que tomemos entre todas os acordos necesarios para a aprobación do programa de actuacións a desenvolver ao longo do 2011.

Asimesmo informámosvos que ao remate desta asemblea, as socias poderán gozar coa proxección dunha película e uns petiscos.

Anímate e axúdanos a mellorar esta asociación: acude á asemblea do sábado 22 de xaneiro! Esperámoste!


 






No hay comentarios: