11.8.10

IIª EDICIÓN DA SARDIÑADA DO CANDAOSO

Exitosa participación das mulleres de Sto. André de Boimente na Sardiñada do Candaoso organizada pola Asociación Fraga das Saímas.
A ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” ORGANIZAN A IIª EDICIÓN DA SARDIÑADA DO CANDAOSO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO “DÍA DA SOCIA”

O pasado sábado 7 de agosto as mulleres da Asociación Fraga das Saímas, acompañadas das súas familias, participaron nunha xornada de convivencia organizada pola Directiva, con motivo da celebración do DÍA DA SOCIA.

Nesta ocasión e por segundo ano consecutivo as socias desprazáronse ata o Candaoso para festexar o Día da Socia disfrutando nun marco incomparable dunha sardiñada, da música, da familia e dun día soleado e inmellorable para os paseos que os máis deportistas se deron polas veredas dos montes do Buio e da Fraga das Saímas unha vez rematado o xantar.

A xornada comezou a mediodía, onde as membros da Directiva e varios voluntarios preparon, unha sardiñada con cachelos para 70 socias, familiares e convidados, ademais doutros produtos gastronômicos (chicharros lañados, panceta, criollos, etc.), non faltando para os asistentes postre, cafés e licores.

A media tarde, e como tampouco podiamos prescindir da música nesta ocasión tan especial, sumóusenos a esta celebración o músico viveirense Hortensio Gómez, máis coñecido como o home-orquestra, que coa súa grande habilidade musical e humana logrou conquistar a todos alí presentes. Esta IIª Edición da Sardiñada do Candaoso rematou pasadas as 21.00 horas, logo de cantar e bailar ata cansar as socias e veciños máis festexeiros.

No hay comentarios: