10.5.10

CLAUSURA DO TALLER DE ARREGLOS FLORAIS SECOS


A asociación ven de rematar o taller de arreglos florais secos que lles impartíu ao longo do mes de abril a propietaria da floristería Loli (Covas).

Neste taller matriculáronse once socias, as cales tiveron oportunidade, ao longo das 10 horas que durou este taller, de aprender as técnicas de elaboración
de centros e xarróns para a decoración nos fogares, o manexo das frores secas para a composición de cadros e tamén aprenderon a interpretar e poñer en práctica as técnicas do Minimalismo floral.

As alumnas mostraron a súa satisfacción aínda que lles soubo a pouco as 10 horas que durou o curso.


No hay comentarios: