19.11.09

II EDICIÓN DO MAGOSTO DA FRAGA DAS SAÍMAS "TOMA CASTAÑAS!"

A ACTRIZ PAULA CARBALLEIRA CAUTIVOU COA SÚA ACTUACIÓN E SIMPATÍA AOS ASISTENTES Á IIª EDICIÓN DO MAGOSTO “TOMA CASTAÑAS!” ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”


O sábado, 14 de novembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” celebrou con éxito a súa IIª Festa do Magosto Toma Castañas! . Esta segunda edición celebrouse no seu Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.


Este magosto da Fraga das Saímas comezou ás 18:30 horas co saúdo de benvida de Flor Chao, Presidenta da Asociación MMRR Fraga das Saímas .


A Presidenta agradeceu a presenza de todos os presentes e a participación de toda a comunidade veciñal nesta II edición do Magosto, destacando a homenaxe que nesta ocasión a directiva quixo facer ao Samaín coa decoración de cabazas para a celebración deste evento e que representa unha pequena mostra dunha antiquísima tradición transmitida polos antepasados celtas.


Feito o saúdo, a Presidenta deu paso á secretaria da asociación, a cal comezou a súa intervención asegurando que coa celebración do 2º Magosto da Fraga das Saímas e coa presencia de todos os convidados estábase a dar, entre todos, unha mostra colectiva do mellor facer da cultura de base a través da consolidación dun dos rituais sociais de maior tradición entre os maiores. Por outra banda, Gloria destacou que a directiva desta asociación espera potenciar pouco a pouco e cada ano máis esta singular, vella e rica costume dos magostos, porque desde a Asociación da Fraga das Saímas estase a traballar na recuperación das nosas tradicións, da nosa historia, en definitiva, das nosas raíces.


Rematada a intervención da secretaria, os asistentes puideron disfrutar coa actuación de Paula Carballeira (actriz, autora de diversas obras de teatro e libros infantiles, guionista, e excelente narradora de contos) que coas súas historias e simpatía arrancou risas e calurosos aplausos dun público totalmente entregado e onde as seguidoras e admiradoras da actriz aproveitaron a ocasión para fotografiarse xunto a ela.


Despois de hora e media de risas cos contos de Paula Carballeira os máis de cen veciños que acudiron a pasar esta tarde-noite de troula coas súas familias e amigos deron boa conta das Castañas asadas (o produto estrela), chourizos, lacón e outros produtos da tempada.

Xa entrada a noite nenos e maiores cantaron e bailaron ao son da música do Grupo Dúo Suso, cumprindo así cun dos rituais sagrados destas festas ancestrais. Esta celebración en homenaxe á filla do Castiñeiro e ás noites de Samaín rematou cando xa pasaba da media noite.